Remate

A soidade do corredor de fondo musical. Tras máis dunha década de carreira e unha ducia de discos as súas costas, Remate  demostrou unha integridade camaleónica a proba de balas. Surrealismo cínico e socarrón directo á médula do oínte, ou coma se eo veleno da picadura dun escorpión tricéfalo encarnárase en Jim O’Rourke, Stephen Merritt y Mark Everett.

Na súa última entrega, a epopeia “Cabello de Ángel, Tocino de Cielo“, os seus textos -non tan oníricos e as veces desesperadamente terapéuticos- retratan o fanatismo costumbrista dun pasado, pero visto dende a vergoña allea, a que por obriga familiar tocoulle vivir. Tanta tanta, coma para ter que sacar a cabeza do burato e non caer afundido ante o diván del psicólogo.

Tapado de oro imprescindible da música contemporánea ibérica, Remate compartiría banquillo con Dalí para afirmar aquelo de “surrealismo soy yo“… Aínda áxil, veloz e con extrema pulcritude: “Tal como una araña a punto de comerse una mosca”.

O Sendeiro – Santiago de Compostela | Mércores 10/08/2016 – 21:00h

La Mar Salada – A Coruña | Xoves 11/08/2016 – 21:00h