¿Concertos en terrazas?

Pois sí… TerraZeando pretende aproveitar lugares especiais que raramente son empregados na música en directo. Espazos que por si mesmos son capaces de amplificar as emocións e sensacións xa xeradas por un concerto. Terrazas, parques e espazos singulares que polo seu magnetismo dan lugar a noites inesquecibles.
Nesta 2018, o ciclo volve a extenderse por Compostela abríndose a novos recunchos.

¿Qué bandas tocan?

Esta sétima edición está repleta de propostas que consideramos apaixoantes, xa que temos a retrosicodelia de Baywaves, a tensión dos portugueses Dear Telephone, o pop canónico de Exnovios, o sixtie progresivo de Los Reyes Magos, ou a espírito festivo de Alberto & García. E, por suposto, unha excelsa representación da terra co garaxe gambero de Kings of The Beach e o folk de Helen & Shanna.

¿Conciertos gratuitos?

Todos os conciertos do ciclo, organizado por Desconcierto Cultural, son gratuítos grazas ao traballo desinteresado dos socios de Desconcierto Cultural, ao apoio do Concello de Santiago de Compostela; ao dos nosos patrocinadores: Cervezas Alhambra, Vermú Lodeiros Grupo Reboreda Morgadío; ao dos colaboradores: Hotel Costa Vella e NH Collection Santiago e, por suposto, aos espazos nos que levamos a cabo os concertos.