Me and the Bees

Me and the Bees voltaron neste 2017 cun dos discos que está destinado a ser referencia en todas as listas do mellor do ano. “Menos Mal, editado por La Castanya, é un compendio de referencias clásicas no melódico, destilando hedonismo en combinación cun espírito próximo ao das bandas senlleiras do indie americano dos 90.

O disco posúe un son poderoso, enganosamente lo-fi, a cargo do inimitable Joan Colomo e de Dalmau Boada, que consegue achegar robustez e no que as guitarras transmiten tensión e son o contrapunto perfecto aos xogos de voces de Esther, Carlos e Verónica.

De aparencia sinxela, Menos Mal está sobrado de melodías e de estribillos marabillosos, conformando unha quincena de cancións concisas, directas e nutridas de electricidade, que nos levan a evocar os mellores momentos de The Breeders, The Amps ou Pavement.

Finca do Espiño | Xoves 29/06/2017 – 20:00h