E nós

Desconcierto Cultural é unha asociación cultural, vcialis 40mg sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico, con preto de 180 socios espallados por Galicia e o mundo adiante. Nacida en 2010, a Asociación é responsable de distintas iniciativas que tratan de dinamizar a escena musical galega, tanto apoiando a bandas autóctonas na difusión dos seus proxectos, como acercando a Galicia propostas estatáis e internacionáis ás que non é doado acceder a través das canles convencionáis.

Deste xeito, a Asociación, ao longo dos seus 6 anos de traxectoria ten desenvolvido proxectos coma os festivais CortaPega, Primos Hermanos ou a Romaría Pop; os ciclos TerraZeando, Placeres Ocultos ou Recreios, ademáis de outras inicitivas coma o Samaín Rock ou participar no Record Store Day gravando un 10″ con cinco bandas galegas.