Dear Telephone

Dende Barcelos chegan a Compostela Dear Telephone, outra xoia provinte da inmensamente rica cultura pop portuguesa para deleitarnos nunha feliz viaxe no Xardín de Julia.

Tralo éxito do seu primero EP “Birth of the Robots” e do seu primero longo “Taxi Ballad” , o seu pop envolvente alcanzou unha certa contención e sobriedade, sen perder un ápice do seu estilo, plasmándoo neste o seu derradeiro disco, “ Cut” (2017). Nel podemos atopar cancións que misturan tensión e contemplación, sofisticación, lirismo, introducindo novas texturas e instrumentos- como o saxofón-, pero tamén soan de forma máis expansiva e directa.

Dream pop , rock experimental, electrónico minimalista…as etiquetas so confunden , o mellor é deixarse arrastrar pola maxia de Graciela Coelho e o resto da banda , nunha tarde para espertar os sentidos .

Hotel O Xardín de Julia | Mércores 04/07/2018 – 21:00h