Zebra Hunt

¿Como é posible conectar a Tenorio, unha pequena parroquia do concello pontevedrés de Cotobade, con Jack Endino, celebridade do grunge, que tivo un destacado papel nos primeiros traballos de Nirvana, Soundgarden ou Mudhoney?

A resposta é Zebra Hunt, banda de Seattle na que as influencias atopanse na Velvet Underground e sobre todo nas bandas que coincidiron na orixe do selo neozelandés Flying Nun Records, como foron The Clean ou The Chills.

Despois dun EP e un par de singles, en 2015 publican “City Sighs” o seu primeiro longo no selo galego Tenorio Cotobade. Un ano despois poñeríanse en mans do recoñecido produtor para gravar con el as 12 cancións que dan forma a “In Phrases“, compendio maiúsculo de pop luminoso.

Bar Olvido | Mércores 05/07/2017 – 21:00h