Xardín do Pazo de Amarante

Un gran descoñecido na cidade, o xardín do Pazo de Amarante agocha un espazo amplo que abre as súas portas no centro dunha das rúas máis senlleiras do casco histórico compostelá

Xoia barroca civil centenaria, herdanza que a familia Amarante-Camarasa vendeu a administración; o edificio de granito viu pasar polos seus corredores togas de avogados e maxistrados, cando durante moitos anos escoitou as ditas dos veciños nos seus xulgados. Xa na actualidade ten un uso moito máis aséptico e burocrático que na época do Marqués de Figueroa, acollendo a sede de distintos órganos consultivos da Xunta de Galicia.

Cheo de frescor a esas horas da tarde nas que castiga o sol, as sombras do solpor que proxectan as camelias centenarias caen lánguidas, formando unha estampa de bancos, verdor e fonte que tan só con velos, xa refrescan a mirada.

 

Próximo concerto: Mércores 24/08/2016 – 20:30h

Los Wallas