Ultimate Painting

Probablemente James Hoare o Jack Cooper non sexan nomes que nos sonen a priori; pero cando falamos de Veronica Falls, no caso do primeiro, ou Mazes, no do segundo, decontado nos damos conta que temos unha superbanda montada. Se ao anterior engadimos un directo sólido como poucos, que con tan só dous discos sorprenderon a media crítica mundial, e que encandilan tanto a rockeiros coma aos fans do indie pop mais senlleiro, pois iso, que xa temos o disfrute asegurado.

Ultimate Painting recuperan como ninguén o momento mais pop de The Velvet Underground; o xurdido tras a marcha de John Cale e que supuso un paso adiante na búsqueda do recoñemento comercial. Deste xeito, nos seus dous álbumes publicados ata hoxe recréanse nas atmósferas lánguidas, pero coa tensión soterrada e guitarras prístinas que tamén cultivaron xa clásicos coma Jonathan Richman & The Modern Lovers, os Television menos sofisticados, ou The Feelies.

Parque Eugenio Granell | Xoves 30/06/2016 – 20:00h