The Wheels

Cun pé na sicodelia contemporánea e outro no esaxerademente denostado britpop, The Wheels saen airosos, e victoriosos, co seu novo disco “The Year of the Monkey” (Espora Records). A presenza do Lennon pre e post Beatles é unha marca de casa, coma a das deidades contemporáneas tamén presentes, Tame Impala, pero lonxe de caer na afectación, o banda mallorquina ten un bo feixe de cancións, exquisitamente executadas, e  poderosamente producidas por Paco Loco, co que deleitar ao público antiguote e aos sempre efímeros modernos.

Xardín do Pazo de Amarante | Xoves 27/07/2017 – 20:00h