The Shivas forman parte dese pozo sen fondo que non cesa de bombear propostas de vibrante e pantanoso rock de guitarras que é o selo norteamericano Burger Records. Tendo un pé na súa ciudade de orixen, Portland, e outro en xiras interminables por medio mundo, The Shivas son a clase de grupo que en directo conquístante a base de bo rollo e un show rotundo, cheo de paixón polo suor do rock and roll; non en van han tocaron con  bandas da talla de Spiritualized, La Luz ou The Dandy Warhols.

Ademais de formar parte de Burger, seus mais recentes discos veñen avalados polo pope do indie Calvin Johnson -productor nos dous últimos- e do propio selo deste, K Records. Atravesando un momento de forma inmellorable, as crónicas das súas recentes visitas ao SXSW, Austin Psych Fest oo Levitation son todas abrumadoras. Psicodelia lánguida de guitarras surf en estado puro co botón de reverb a tope, ou como dixo alguén: o cocktail perfecto entre The Ventures, The Black Angels e os Dr. Dog.  

Bar Olvido | Luns 18/07/2016 – 21:00h