Stone Dead

Despois de varias edicións sen presenza portuguesa no cartel, con Stone Dead recuperamos o protagonismo do país veciño en TerraZeando. Inquilinos de Lovers & Lollypops, selo con base en Oporto onde podemos atopar outras moitas propostas interesantes, a banda de Alcobaça acaba de editar “Good Boys“. Para este primeiro longo afástanse do stoner rock presente no EP co que se deron a coñecer, e propoñen unha viaxe conceptual a través dun personaxe chamado Tony Blue, un neno que crece da man da música.

Unha base rítmica perfecta, harmonías vocais construídas a 4 voces que lembran aos Beatles máis psicodélicos, e a crueza dunhas guitarras que os achega a calquera dos proxectos de Ty Segall explican porque todo aquel que se deixa caer nun dos seus concertos sen saber que vén ver e sen ter en conta a idade, queda irremediablemente enganchado.

Hotel NH Collection | Mércores 12/07/2017 – 21:00h