Playa Club

Se existe un local de referencia en A Coruña é o Playa Club. O que naceu en 1957 coma unha pequena cafetería xunto á praia e o Estadio de Riazor, convertíuse nun lugar emblemático; protagonista da movida coruñesa, promotor das vangardas musicais e punto de encontro inexcusable da axenda nocturna da cidade herculina.

A sú terraza, torre vixía da ensenada do Orzán, ofrécenos unhas espectaculares vistas abertas ao mar; unha posta de sol máxica que invita a mergullarte entre os sons da música en directo e arrecendo a mar, o que lles ven que nin pintado a Los Wallas, que dende a súa Ciudad Real natal, con parada en Malasaña, tomarán a costa coruñesa para acoitelar, musicalmente falando, coas suás guitarras aos cidadáns de pro que se acheguex a desfrutar do seu excelente debut “Sangre, Sudor y LaGrima”.

Próximo concerto: Xoves 25/08/2016 – 20:30h

Los Wallas