NH Collection Santiago

A un lado o Pedroso, ó outro a cidade, o hotel NH Collection Santiago atópase situado na entrada do campus norte, ó lado do Auditorio de Galicia e moi preto do centro histórico de Santiago. O espazo elixido para esta ocasión non será un xardín ou unha terraza, senón que nos subiremos á azotea do hotel para quedar abraiados coa posta de sol bañando o “skyline” da cidade vella.

Un lugar íntimo e recollido, unha proposta distinta que nos brinda a oportunidade de divisar o entorno cotián de forma diferente, unha perspectiva particular dende a que apreciar o contraste da loita entre o avance da civilización e a forza da natureza resistíndose ó mesmo.

Co ceo máis preto das nosas cabezas semellará máis doado poder saír voando ata o máis alto cando a proposta de Stone Dead torne máis psicodélica.

 

Próximo concerto: Xoves 12/07/2017 – 21:00h

Stone Dead