Montelouro

O son de montelouro, do mesmo xeito que o monte galego do que toma nome a banda, ten dúas caras.

Unha é de fácil acceso, e posúe a fotoxenia da auga en calma que molla os seus pes.

A outra esconde a súa fermosura na rudeza das súas rocas e na furia do mar salvaxe que as golpea.

Quen queira ascender montelouro, por calquera das súas vertentes, terao que facer escalando na intensidade das súas cancións.

Xardín do Pazo de Amarante | Mércores 27/07/2017 – 20:00h