E para rematar o ciclo por todo o alto, señoras e señores, con todos ustedes, Los Wallas. O seu primeiro longa duración “Sangre, Sudor y LaGrima”, editado fai un nada por Subterfuge, tras varios singles nos que apuntaban maneiras, encandilounos. É reconfortante comprobar que segue a facer rock and roll na península, con deliciosas pinceladas de garage, surf e pop, poidendo así desfrutar deste xénero seminal a través dunha banda que domina os palos e que se desenvolve con maestría, sen complexos.

E sí, efectivamente, Los Saicos, Los Salvajes e toda esa ristra de fantásticas bandas que fixeron historia fai 50 anos e que afortunadamente son reivindicadas hoxe en día, están nas cancións do quinteto mesetario, pero tamén moito mais. Nervo nas composicións que os afasta do revivalismo e que dota de actual vixencia ao seu son; eso sí, repleto de guitarras, farfisas, ouvidos e todas as lambetadas sonoras que farán que nos relamamos, tanto en Santiago como en A Coruña.

Xardín do Pazo de Amarante – Santiago de Compostela | Mércores 24/08/2016 – 20:30h

Playa Club – A Coruña | Xoves 25/08/2016 – 20:30h