La Mar Salada

A pequena rúa da Cormelana agocha un segredo, máis doado de atopar coa axuda da media luz vespertina: La Mar Salada. Oasis urbanita que convida ao pracer de sereas e mariñeiros que cambian por unhas horas o son do mar polo dunha coidada selección musical. Hora tras hora transcorre a tarde coma se da a baixamar se tratase. Con calma, sen sobresaltos… e é na voráxine da noite cando chega a pleamar, cando sube a marea e as olas de La Mar Salada vante levando pouco a pouco…

Deste xeito, nun dos recuncho con máis solera da historia recente de A Coruña, La Mar Salada extende as súas redes ao transeúnte, nas que será un deleite o deixarse atrapar polas ensoñacións dese personaxe retrofuturista que Remate é.

Próximo concerto: Xoves 11/08/2016 – 21:00h

Remate