Kings Of The Beach

Unha imaxe -do  South by Southwest neste caso- vale máis que mil palabras. Nela Samuel zúrralle con ganas á batería, diante del  Yago toca o baixo e grita “Jumanji!!!” mentres que ao seu lado, no alto dun half- pipe, Adrián toca a guitarra mentres esquiva as bicicletas que voan sobre a súa cabeza.

Esta foto dos  Kings of the Beach na pasada edición do prestixioso festival de Austin resume á perfección o espírito da banda. Diversión e risco nas composicións que dan forma a “Super Awkward, Fucking Awesome”, primeiro traballo dos vigueses editado polo sello “Ciudad Oasis” e que os  achega á primeira división do garaje feito a carón da praia de bandas como  Fidlar ou Together Pangea.

Praciña do Olvido | Martes 26/06/2018 – 21:00h