Hotel Costa Vella

En pleno casco histórico e convertido xa en parada indispensable nunha visita a Compostela atópase o Hotel Costa Vella. Inaugurado en 1999, todo o que pasa por él volta falando da amabilidade no trato, do encanto das súas habitacións e galerías e dos fantásticos almorzos no seu patio axardinado. E que esta terraza-xardín constitúe un compendio excelente da beleza sinxela, tranquilamente alegre e recollida que destila a zona de Porta da Pena e San Roque.

Con plantas florecendo en calquera época do ano, repleta de recunchos que funcionan coma un imán para o cativo curioso que todos levamos dentro, ben podreía ser unha reconstrucción do xardín onde Ero de Armenteira sentíuse transportado ao paraíso. Ou sinxelamente, o lugar perfecto para contemplar un atardecer de verán mentras Cómo Vivir en el Campo desgranan as perlas do seu “CVEEC 3”

Próximo concerto: Mércores 19/07/2017 – 21:00h

Cómo Vivir en el Campo

 

Rúa da Porta da Pena, 17 Santiago de Compostela