Finca do Espiño

Onde o ruído e a aglomeración da cidade comeza a desvanecerse xiramos a mirada cara o Monte Pío para encontrarnos na súa base coa Finca do Espiño, unha paraxe natural en pleno corazón de Santiago de Compostela que no seu interior atesoura unha gran riqueza botánica e zoolóxica. Nela eríxese maxestoso un pazo modernista de principios do século XX presidindo o parque de Galeras á beira do río Sarela.

Dende as súas ladeiras teremos a oportunidade de gozar dun anoitecer especial, con vistas privilexiadas da Catedral de fondo e a intimidade dun sitio máxico custodiado polas gárgolas do pazo do Espiño, deseñado por Jesús López de Rego.

Alí, no entorno do pazo, protexidos do paso do tempo por árbores centenarias, co misticismo propio de un lugar con moitas historias que contar, terá lugar a inauguración do noso ciclo.

 

Próximo concerto: Xoves 29/06/2017 – 20:00h

Me and the Bees + Alto Volta