Elle Belga

Elle Belga reivindican a euforia no su cuarto traballo, así titulado e publicado por Gran Derby neste 2016. Unha mensaxe que para o oínte que só se quede na superficie deste disco podería parecerlle que está cargado de ironía, pero equivocaríase. A euforia como ferramenta política e social, pero reclamada dende o silencio e non dende o ruído, dende a calma e non dende a presa.

Gravado cunhas voces aínda mais protagonistas que en traballos anteriores, e de xeito mais minimalista, coa intención de que se asemelle mais á esencia dos seus directos, volven a deixar claro que son uns maestros das dinámicas. Despois do seu celebrado concerto no Museo Cerralbo, será un placer desfrutar da intensidade e a solemnidade da súa proposta no espectacular patio interior da Fundación Luis Seoane.

Fundación Luis Seoane – A Coruña | Venres 29/07/2016 – 21:00h