El Monstruo

El Monstruo é a criatura bicéfala formada por dous bos coñecidos da escena coruñesa: Dani Bembibre (ex-Ramalama, Electricats e Mistakens) á guitarra e Pablo Silva (Combo Dinamo) á batería. Nacida en 2010, é o resultado dunha condición: son sinxelo + os menos cacharros posibles + cancións das que te poidas acordar, xa que un dos obxectivos do dúo é darle duro e que quepa todo nun coche. Boa declaración de intencións

El Monstruo presentaron o seu primer EP en 2013, e entre sus seguidores devotos está o gran Diego RJ, que pinchouno con asiduidade e fruición nese gran faro do rock que é El Sótano de Radio 3. Seis cancións como serras, serras que cortan con precisión e que non olvidan que doutro lado do altofalante existe un o oínte que quere desfrutar, solazarse e retozar con esas cancións abrasaneuronas que son “Salvaje” ou “El hombre medicina”, nas que van moito mais aló das sonoridades que os poden emparentar cuns Guadalupe Plata, presentes tamén no seu ideario.

Mentras se atopan ramatando o que será o seu ansiado primer LP, esperamos que El Monstruo fagan honor ao seu lema “rocanrola, baile e alto volume” e que despois do seu paso polo Parque Eugenio Granell, compartindo cartaz con Ultimate Painting, só quede unha paisaxe devastada, sempre en sentido figurado, tras ter disfrutado todos ata o derradeiro folgo.

Parque Eugenio Granell | Xoves 30/06/2016 – 20:00h