Baywaves

Referentes da nova xeración de bandas españolas dende que no ano 2016 presentasen o seu debut, “Only For Uz”, un EP cargado de psych-pop colorido e ácido mezclado por Joe Walker de King Gizzard & The Lizard Wizard. Dende entón o seu afán por xirar sen parar levounos a facer xiras por Europa con paradas en Londres, París ou Berlín e fixo que o seu single “Time Is Passing U By” superase o medio millón de reproducións en Spotify.

A incesante actividade e a inquietude da banda por apartarse dos paradigmas da industria musical fan que a súa discografía se compoña de singles e EPs con unha excelente acollida por parte de medios internacionais como NME ou The Guardian, e que o seu novo EP fose publicado polo selo británico Art is Hard Records.

A visión internacionalista provoca que as súas composicións sexan unha amalgama de influencias, dende o dream á psicodelia, pasando por elementos electrónicos e estruturas pop.

Praciña do Olvido | Martes 26/06/2018 – 21:00h