Bar Olvido

Situado na orela máis olvidada do parque de Belvís, o Bar Olvido leva sendo, dende fai xa uns anos, un lugar de refuxo. Escondido nunha estreita ruela que descende pola esquina suroeste do parque aparece un bar co encanto dos bares de barrio de sempre, pero ao que un xardín cunha sombra e unhas vistas privilexiadas o distinguen de calquera outro.

Este ano, os peces e tortugas que poboan o seu improvisado estanque están ansiosos ante a chegada do grupo que reservamos para este pequeno recinto que ten albergado noites lexendarias dentro do noso ciclo, The Shivas. O trío de Portland vainos dar en toda a cara, e vainos dar duro, con toda a enerxía dun directo frenético e cheo de cancións redondas.

E, sí, este ano tamén faremos a imprescindible barbacoa cando remate o concerto.

Próximo concerto: Luns 18/07/2016 – 21:00h

The Shivas

 

Rúa do Olvido 11, Santiago de Compostela