Alto Volta

Pouco despois de ter que suspender en dúas ocasións o seu concerto na edición de TerraZeando do 2015, Cazador anunciaban a súa separación. Para os que os viramos no lexendario concerto no Auditorio da Illa de Arousa, dentro da programación do Festival do Norte, daquel ano, non podelos gozar nun dos concertos do ciclo era unha espiña cravada, que moito nos temiamos, nin tan sequera o tempo ía poder sacar.

Rebautizados como Alto Volta e cun único cambio na súa formación, que agora inclúe presenza feminina á batería, as dúas cancións coas que adiantan o seu próximo traballo, deixan claras dúas cousas. Que o folk americano e o shoegaze continúan a ser as súas influencias máis recoñecibles e que nunca se debe perder a fe.

Finca do Espiño | Xoves 29/06/2017 – 20:00h