Alberto Montero

Nesta época confusa, na que cotizan ao alza distorsión e ruído, Alberto Montero resiste case a contracorriente, parapetado nun pop de melodías cristalinas, coloreadas por unha delicada voz que modula con elegancia, e que serve á súa vez de soporte para unhas cancións sensibles pero que transmiten un peculiar optimismo; o seu son composicións atemporais de curiosos requebros melódicos, con letras que retratan particulares visións oníricas.

A mellor mostra disto é “Arco Mediterráneo” (BCore, 2015), o seu cuarto e último traballo ata o de agora, todo un compendio de pop luminoso e pluscuamperfecto, repleto de orixinais arranxos, pequenos toques barrocos, gotas de folk e una inusitada amplitude armónica, na que sobresaen temas como “Vuelve a empezar”, “Madera Muerta” ou “Viajeros”, espléndidamente interpretadas por este músico e compositor valenciano, cuxa expresividade vocal transmítenos emoción e beleza a partes iguais. No seu retrovisor musical aparece un enorme espectro sonoro, que vai de Brian Wilson (a quen por certo versionaba recentemente) ata Vainica Doble.

Alberto Montero visitaranos acompañado da estupenda banda coa que grabou o seu último disco, e además, o seu concierto na terraza do Hotel Costa Vella terá lugar tralo seu paso polo Primavera Sound de Barcelona e antes da súa presentación no FIB de Benicássim.

Hotel Costa Vella | Mércores 13/07/2013 – 21:00h