Alberto & García

A banda asturiana Alberto & García presentan en Compostela o seu terceiro disco longo, “El buen salvaje”, doce temas que veñen a confirmar a esta proposta como unha das mellores e máis orixinais que se poden disfrutar neste momento.

O disco segue pola senda do pop-rock máis clásico que iniciaran nos anteriores traballos, pero enriquecido con múltiples influencias. Pódense escoitar dende ritmos de clara influencia anglosaxona á outros influenciados claramente pola música negra, o pop – soul ou o folclore sudamericano (de feito colabora a chilena Soledad Vélez nunha das cancións do disco). Pasan con moita facilidade de baladas ou medios tempos a temas máis guitarreiros ou bailables, e no uso dos instrumentos tamén amosan moitísima variedade, pois ás guitarras, baixo e batería engaden ventos ou algúns que proveñen da música sudamericana.

Todo o anterio coa voz de Alberto, moi peculiar, distinta dos tonos máis habituais, pero que lle dá moito corpo ás cancións. Se a todo o anterior engadimos que teñen un dos mellores directos que se poden ver hoxe, o éxito parece asegurado.

Xardín do Pazo de Amarante | Xoves 26/07/2017 – 21:00h